O Proxecto Trasno é unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a localizar software libre ao galego.
O Proxecto Trasno nace no ano 2000 a partir de dous proxectos que no 1999 comezan a localizar software libre e documentación ao galego. Durante estes anos os voluntarios do proxecto traballaron nos principais aplicativos de software libre: dende as distrubucións Linux, os entornos de escritorio a cantidade de ferramentas de ofimática ou multimedia. Así mesmo, o traballo de elaboración de terminoloxía do eido das novas tecnoloxías é unha das principais ocupacións do grupo.
O espazo televisivo do Ben falado! de hoxe estivo adicado ao Proxecto Trasno. O xa veterano programa da grella da TVG Ben falado!
é un microespazo diario de cinco minutos adicados á lingua galega e presentado por Xesús Ferro Ruibal, académico do centro Ramón Piñeiro. O capítulo emitido o día 29 de Xullo, foi rodado en Maio contando coa colaboración dalgúns dos membros do proxecto.
Fonte: trasno.net