Xan Cejudo, Premio de Honra Marisa Soto 2011

A ENTIDADE SALIENTA A SÚA TRAXECTORIA E CONTRIBUCIÓN Á PROFESIONALIZACIÓN DO TEATRO EN GALICIA

Agencias - Santiago de Compostela - 10/03/2011 - 19:02 h.
Xan Cejudo
Xan Cejudo

O actor Xan Cejudo é o novo Premio de Honra Marisa Soto, galardón outorgado pola Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). A decisión da Xunta Directiva da entidade quere recoñecer a longa traxectoria e a singular contribución de Xan Cejudo á profesionalización do teatro en Galicia.

O Premio de Honra Marisa Soto naceu no 1997 como galardón que distinguise a especial traxectoria de persoeiros no marco dos Premios de Teatro de María Casares. A cerimonia de entrega dos XV Premios María Casares será o vindeiro 23 de marzo, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña e será retransmitida pola TVG.

Antonio Durán “Morris”, presidente da AAAG, salienta que: “Xan Cejudo è unha persoa fundamental no desenvolvemento do teatro profesional en Galicia. O mundo da escena débelle moito, pois dedicouse profesionalmente a el case exclusivamente, como actor pero tamén como director, autor, axudante de dirección… Ademais, deixou un pouso técnico e intelectual, e influíu moito en distintos directores galegos”. Para "Morris", Cejudo "ca súa opinión inflúe e segue a influir na escena de hoxe. Volveu a Galicia o mesmo ano que se fundou o Centro Dramático Galego e, a partir dese ano, fixo 20 espectáculos co CDG". Morris e Xan Cejudo coincidiron no primeiro espectáculo do Centro Dramático Galego: "Woyzeck" (1984).

Casilda Alfaro, actriz e vogal da Asociación de Actores, destaca: “Hai que resaltar a capacidade creativa e a xenerosidade artística de Xan. Se alguén representa ben esa máxima de que O TEATRO É UNHA ARTE COMPARTIDA ese é Xan Cejudo. Mestre de mestres”. 

Os XV Premios María Casares contan coa colaboración, entre outros, de AGADIC, Concello da Coruña, Fundacion AISGE, Novacaixagalicia, GADISA, Concello de Ames, Cadena Ser e TVG.

Traxectoria profesional e galardóns

Nado na Coruña en 1947, a carreira de Xan Cejudo comezou a mediados dos anos 60 no grupo de teatro O Facho. Durante todos estes anos, exerceu fundamentalmente como actor, autor e director.

Dende o 1984, con “Woyzeck,” colabora como actor co Centro Dramático Galego. A ela seguíronlle A “noite vai coma un río” (1986), “O mozo que chegou de lonxe” (1988), “O incerto señor don Hamlet” (1991), “Leoncio e Helena” (1993), “A fiestra valdeira” (1994), “O Mariscal” (1994), “Nin me abandonarás nunca” (1995), “Viaxe e fin de don Frontán” (1995), “Nau de amores” (1995), “Hostia” (1996), “Xelmírez ou a gloria de Compostela” (1999), “Se ou vello Simbad volvese ás illas” (1999), “Rosalía” (2001), “O ano do cometa” (2004), “Seis personaxes á procura de autor” (2005) e “Illa Reunión” (2006).

Tamén dirixiu para o CDG “A Pousadeira” (1987), “Da Vinci levaba razón” (1987) e “A burla do galo” (2000).

Como director de escena, tamén dirixiu máis dunha vintena de pezas, entre as que destacan, ademais das xa mencionadas, “Códice clandestino” (1989), de Quico Cadaval para a compañía O Moucho Clerc, pola que recibiu o Premio Compostela ao Mellor Director; “Na fraga do conde”; e “Galimatías”, coa mesma compañía.

Ademais, como actor de teatro participou en numerosos espectáculos de compañías como Teatro Circo, Teatro Tranco, Malbarate Teatro e na produción “Truenos y Misterios” (Matarile Teatro, 2007), creada e dirixida por Ana Vallés. Pero foi o seu papel protagonista en “Tío Vania” (Factoría Teatro, 2005) de Antón Chejov, baixo a dirección de Cristina Domínguez, co que acadou o Premio María Casares 2006 ao Mellor Actor. No 2008 recibiu o Premio María Casares ao Mellor Actor secundario polo seu traballo en “Noite de Reis, ou o que queirades” do Centro Dramático Galego.

No 2010 participa como actor no espectáculo "Cerrado por aburrimento" coa compañía Matarile Teatro.

No audiovisual, Xan Cejudo tamén amosou o seu talento en diversas longametraxes e series de televisión, galegas (Pratos Combinados, Mareas Vivas, Rías Baixas, Galicia Express, As leis de Celavella) e españolas (El Comisario, Periodistas, Policías, Cuéntame) .

Foi actor e guionista en longametraxes como “Morrer no mar” de Alfredo Rabuñal; “Coxo” de X. Zapata; “El río tiene manos” de Beatriz del Monte; “Mofa e Befa: grande liquidación” e “El Matachín” de Jorge Coira; “Unha extraña mirada” de J. L. Quiroga; “A todo tren” de Lidia Mosquera; “Se o sei non veño” de P. Pazos; ou “El pianista” de Mario Gas. Con Carlos Soler traballou en “O párroco enmbaucado”, “Tornabón” e “O ferreiro paspallás”. En setembro do 2010, obtivo o premio á Mellor Interpretación Masculina no Festival de Cine Social de Castilla-La Mancha, polo seu traballo na curta “Dies Dei” de Nani Matos.

 

 



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en CULTURA

"366 frases que toda mujer debe saber" de Gemma Cernuda

Las mujeres han pronunciado frases inspiradoras en todas las épocas y en todos los rincones del mundo, pero muy pocos se detuvieron a escucharlas o recopilarlas. Frases que nos invitan a reflexionar. Gemma Cernuda nos muestra 366 que todos debemos saber. "Una no nace mujer, se hace mujer”, dijo Simone de Beauvoir.

Javier Bardem: "Dejémonos de estupideces, ¡es robar!"

Javier Bardem quiere «comprar un tomate fresco». Para usar el paralelismo con la industria cultural, Javier debería acudir a una tienda en la que tras pasar por sucesivas manos, el tomate ha incrementado su valor de manera artificial, repercutiendo en el horticultor en menos del 0,1 % de su valor de venta.