GÓMEZ CONSIDERA NECESARIO QUE OS EMPRESARIOS POIDAN CONTRATAR CON MÁIS FACILIDADE
A secretaria de Estado de Emprego, Mari Luz Rodríguez, avanzou onte que o plan de choque do emprego a través da bonificación do traballo a tempo parcial podería xerar até 100.000 postos, cunha xornada mínima do 50%, durante o ano de vixencia, que o Goberno prevé que se ocupen fundamentalmente con mozos desempregados.
De acordo con este plan de choque, que o Goberno está a ultimar cos axentes sociais no marco da reforma das políticas activas de emprego, eximirase ás pemes do pago de cotizacións, e do 75% no caso do resto.
Segundo concretou, a redución das cotizacións será como mínimo de seis meses cando o contrato a tempo parcial sexa temporal e até un ano cando se trate dun indefinido.
De feito, resaltou que o plan se denomina de tránsito “cara ao emprego estábel” e recoñece aquelas empresas que contraten a tempo parcial a unha persoa poderán beneficiarse das bonificacións á conversión ao contrato de fomento do emprego que contempla a reforma laboral.
ULTIMANDO O PLAN
Sobre o mesmo plan de choque falou tamén onte o ministro de Traballo, Valeriano Gómez,que explicou que se está traballando nun novo “plan de choque” que “trate de adiantar decisións de contratación por parte das empresas”, no marco do pacto social no que traballan empresarios, sindicatos e Goberno e que previsibelmente avanzará esta semana.
Nunha entrevista á cadea Ser recollida por Europa Press, Gómez adiantou que este plan se perfilará mañá luns. En concreto, a proposta conterá “estímulos intensos á contratación que tamén melloren a capacidade de formación e de recualificación nos servizos públicos de emprego para os desempregados que esgotasen as súas prestacións”.
Así mesmo, explicou unha posíbel “vía de intensificación” dos estímulos á contratación laboral en España. “Este é o momento de darlles aos empresarios mellores posibilidades de contratación, unha redución de custos razoábel cando contratan”, reitero o titular da carteira de Traballo.
Fuente: Xornal
Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:
Jubilación a los 67 sí o sí. El Gobierno ya lo ha dicho, lo ha escrito y está a punto de llevarlo a la mesa del Consejo de Ministros: la edad legal de jubilación de los españoles se extenderá dos años más. Y en medio de esta medida, impopular donde las haya pero entendida para garantizar las pensiones de las generaciones venideras, llega la clase política y hace una de las suyas.
Escribe tu comentario
Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.