Programa de debate "Punto Crítico Galicia" estréase o xoves nas televisións galegas

O PROGRAMA REPRODUCE O FORMATO QUE DENDE HAI SEIS ANOS DESENVOLVE A TELEVISIÓN OURENSANA TELEMIÑO

Agencias - Santiago de Compostela - 20/01/2011 - 16:14 h.

Un grupo de sete televisións locais galegas estrean o próximo xoves o programa de debate 'Punto Crítico Galicia', nesta ocasión centrado nunha análise da sanidade pública galega e en asuntos como o catálogo de fármacos, a evolución das listas de espera ou o novo modelo de financiamento das infraestruturas sanitarias.

O programa, que se estreará o xoves ás 22.00 horas, reproduce o formato que dende hai seis anos desenvolve a televisión ourensana Telemiño, pero agora búscase unha dimensión autonómica.

Así o espazo, dirixido por Santiago Rodríguez, terá o seu estudo de gravación no compostelano Hostal dos Reis Católicos e emitirase en directo para Telemiño (Ourense), Santiago TV (Santiago de Compostela), Dez.tv (Lalín) e Televinte (Chantada). Non obstante, tamén o emitirán, aínda que en diferido, Canle Rías Baixas (O Salnés), o xoves ás 23.00 horas; A Sete (Monforte de Lemos), o venres ás 22.30, e Localia A Coruña, tamén o venres ás 22.00 horas.

'Punto Crítico Galicia' emitirase todos os xoves, á mesma hora e sempre en directo, con seis convidados no estudo de gravación, achegas de expertos nos asuntos abordados e chamadas dos telespectadores.

Na súa estrea, os convidados que, durante hora e media analizarán e confrontarán opinións, nesta ocasión sobre a sanidade pública galega, son o voceiro de Sanidade do PP no Parlamento galego, Miguel Santalices; o delegado autonómico da Confederación Estatal de Sindicatos Médicos, Cándido Andión; e Anxo Facio Villanueva, da Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria do Sergas.

En fronte sentarán o voceiro do PSdeG no Parlamento de Galicia, Abel Losada; o voceiro Plataforma Galega SOS Sanidade Pública, Manuel Martín; e o director de Xornal de Galicia, Jose Luis Gómez.

Fuente: Europapress



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en TelevisióN

'Operación Triunfo' deja de emitirse por falta de audiencia

Ni las lágrimas de Pilar Rubio ni los cambios de día han conseguido salvar la Academia de 'triunfitos' en la parrilla de Telecinco.

El impresionante agujero negro de la RTVV (televisión autonómica valenciana)

La rumorología apunta a que, para sanear las cuentas, habría que despedir a mil personas, un 60% de la plantilla, aunque internamente se niega esta posibilidad y se señala que los despidos podrían afectar “solo” a 300 o 400 trabajadores.

Lo último en TelevisióN