Denuncia do BNG contra a contratación de software privativo por parte da Xunta

BLOQUE CRITICOU QUE A XUNTA PRESENTE O SOFTWARE LIBRE COMO "ALGO FREAK E PROPIO DE MELENUDOS ANTISISTEMA"

Agencias - Santiago de Compostela - 23/12/2010 - 18:35 h.

A deputada do BNG Ana Luisa Bouza reprobou ao Goberno galego por unha "continua contratación" de software privativo, o que, ao seu xuízo, implica "o incumprimento do compromiso" electoral da Xunta para coa implantación do libre.

A parlamentaria do Bloque criticou que a Xunta presente o software libre como "algo freak e propio de melenudos antisistema", cando, segundo argumentou, "non é alleo ao desenvolvemento económico" e ten "un grande vínculo" co mundo universitario, a rede de empresas TIC e a posibilidade de utilización de linguas "minoritarias" sen o custo que leva consigo a tradución.

Pola súa parte, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, asegurou que o seu departamento asinou convenios con compañías galegas dedicadas á creación de software libre e pretende, así mesmo, a súa introdución no ámbito educativo. En concreto, cifrou en 15.000 os alumnos galegos que terán acceso a ferramentas deste tipo durante este curso e calculou un número similar para o próximo.


 

 

Fuente:Europa Press



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en Galicia

Bernabé Tierno: "En España hai máis parvos que na maioría dos estados do mundo"

O mediático asesor psicolóxico arremete contra unha sociedade 'adormecida' na presentación do seu quincuaxésimo libro: 'Hai moitas cabezas que están só para separar as orellas'. O seu segredo da felicidade? 'Poñerllo fácil'

Homenaje a Castelao en el 125 aniversario de su nacimiento

El líder del BNG, Guillerme Vázquez, ha reivindicado la vigencia del pensamiento de Castelao y se ha mostrado convencido de que hoy estaría combatiendo el «pensionazo» y también lo que considera intento de privatizar las cajas.