Publicado o novo Ubuntu Maverick co 100% da súa interface en galego

TRASNO SEGUE MELLORANDO A CALIDADE DAS TRADUCIÓNS E AUMENTANDO A PORCENTAXE DA MESMA

Agencias - Santiago de Compostela - 14/10/2010 - 09:35 h.
Logo do proxecto trasno
Logo do proxecto trasno

A Ubuntu 10.10, publicada o 10-10-10 ás 10:10:10, anunciada como o «Perfect 10» acadou un fito ben importante para a comunidade de localización de software libre. Por primeira vez acadamos o nivel do 100% de tradución ao galego, superando así o 86% que xa acadaramos na pasada versión LTS.

Trasno segue mellorando a calidade das traducións e aumentando a porcentaxe da mesma. Sen dúbida isto non sería posíbel sen a colaboración dos proxectos orixinais, dos que está formado Ubuntu, e do traballo alí feito. Proxectos como KDE, GNOME, XFCE, Debian, Translation Project e moitos máis.

Isto permítenos dicir que actualmente o Galego é unha das 6 únicas linguas coa porcentaxe de tradución ao 100%. Linguas tan importantes (en número de falantes) como o castelán, inglés da Gran Bretaña, Alemán ou Portugués do Brasil.

Se queres formar parte deste equipo tes unha boa oportunidade no 1º festival de tradución de software libre ao galego que se celebra este sábado na localidade de Ordes. No cal tentaremos entre todos os asistentes atopar e solucionar erros nas traducións e acadar consensos entre todos os proxectos de localización de software libre ao Galego. Porén, se nunca traduciches un aplicativo podes asistir ao festival xa que nel teremos sesións de introdución para que traducir os teus aplicativos favoritos sexa doado e divertido.



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en TECNOLOGÍA

Top 10 Torrent Sites

As of September 10, 2010, the Top 10 Torrent Sites are listed below. This list is a compilation of recommendations submitted by hundreds of readers. 

YouPorn ya funciona con HTML5

YouPorn.com, ha empezado a convertir el formato de sus vídeos para que funcionen en cualquier dispositivo compatible con html5, por lo que se podra ver en el iPad de Apple

Lo último en TECNOLOGÍA