Trasnada '10, o primeiro festival de tradución de software libre ao galego

PATROCINAN O EVENTO MABISHU, OPENHOST E A XUNTA DE GALICIA

Agencias - Santiago de Compostela - 14/10/2010 - 09:19 h.
Logo do proxecto trasno
Logo do proxecto trasno

Os trasnegos van celebrar a Trasnada '10, o primeiro festival de tradución de software libre ao galego. Será na vila de Ordes, este día 16 de Outubro, en colaboración coa AC Inestable.

A Trasnada pretende reunír a todos os tradutores de software libre ao galego para darlle un empurrón aos proxectos de localización, coordinarnos e tomar decisións para o futuro. Como parte deste evento haberá un espazo reservado para a formación de novos tradutores. Co cal, estades convidados a este evento todos aqueles de vós que xa traducides software libre e todos aqueles que esteades interesados en aprender a facelo.

A xornada comezará ás 11:00 na Casa da Cultura do Concello de Ordes e rematará ás 20:00. Farase unha pausa para o xantar a iso das 14:00 e ata as 16:30. Inda sendo un evento público, para mellor coordinación do evento confirmade asistencia na dirección de correo electrónico info [en] trasno.net. Para máis información visitade a páxina do evento. Aqueles interesados en aprender a traducir software precisaredes de traer os seus equipos convosco.

Tedes un mapa do lugar de celebración a continuación:


Ver mapa más grande

Como colaboradores do evento contase coa inestimable colaboración da AC Inestable, grupo de usuarios de Linux da comarca e que se ocupará da loxistica do evento; e o Ex. Concello de Ordes. Patrocinan o evento Mabishu, Openhost e a Xunta de Galicia.

 



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en CULTURA

"366 frases que toda mujer debe saber" de Gemma Cernuda

Las mujeres han pronunciado frases inspiradoras en todas las épocas y en todos los rincones del mundo, pero muy pocos se detuvieron a escucharlas o recopilarlas. Frases que nos invitan a reflexionar. Gemma Cernuda nos muestra 366 que todos debemos saber. "Una no nace mujer, se hace mujer”, dijo Simone de Beauvoir.

Javier Bardem: "Dejémonos de estupideces, ¡es robar!"

Javier Bardem quiere «comprar un tomate fresco». Para usar el paralelismo con la industria cultural, Javier debería acudir a una tienda en la que tras pasar por sucesivas manos, el tomate ha incrementado su valor de manera artificial, repercutiendo en el horticultor en menos del 0,1 % de su valor de venta.