Os críticos do PSdeG de Pontevedra apoiarán a Louro sen primarias

GALICIA

VÍCTOR SARIEGO - Santiago de Compostela - 23/09/2010 - 13:40 h.

Antón Louro converteuse no candidato “de consenso” do PSdeG de Pontevedra á alcaldía da cidade tras acadar un acordo co aspirante do sector crítico da formación, o médico Jorge Nogueira, co cal a formación política evita deste xeito a celebración de eleccións primarias das que sairía un cabeza de lista para as municipais de 2011.

O pacto, que se anunciou a un día de cumprirse o prazo de presentación de avais para as devanditas primarias, foi posible despois da reunión que mantiveron ambos os dous sectores esta fin de semana na que conviñeron, segundo explicou onte Louro, “traballar para fortalecer os mecanismos de integración das distintas sensibilidades dentro do partido, é dicir, integrar os diferentes matices no seo do partido socialista de Pontevedra”.

Unha vez acadado o pacto, o aínda Delegado do Goberno en Galicia anuncia a súa intención de “abordarar a confección do noso proxecto político” así como a lista electoral, un programa no que se comprometeu a lograr “a máxima participación e da forma máis activa de todos os militantes e simpatizantes”. Do mesmo xeito, adianta, “no seu momento” procederase á “renovación dos cargos locais” e dos órganos de dirección do partido a nivel municipal “sen exclusións”.

Neste sentido, Louro asegura que, na súa xuntanza co sector crítico, “non discutimos de postos nin de cargos, non repartimos anacos de tartas, senón que falamos de ideas, de participación e de plans futuros destacando a utilidade de que compañeiros de todo tipo coincidamos en criterios de traballo e formulación política para un proxecto que comeza de inmediato”.

Unha vez oficializada a súa candidatura, resta saber o momento en que Louro abandonará a Delegación do Goberno, algo que, asegura, “aínda non me propuxen, pero de momento non vai ser”. Así, apunta que o “arduo traballo” que ten por diante pasa por “definir un proxecto” para “gañar as eleccións municipais do próximo 22 de maio”propósito que, di, “conseguiremos mediante un proxecto nitidamente socialista, socialdemócrata, galeguista e con clara vocación de servir aos intereses dos cidadáns de Pontevedra”.

Unha vez eliminada a posibilidade de celeración de primarias, Louro ve no debate interno das pasadas semanas“un revulsivo da organización” salientando a “valentía” do segundo candidato, Jorge Nogueira ao “mostrar a súa disposición para traballar pola opción de todos, que é cargar de ideas e de enerxía ao partido para que Pontevedra sexa de maioría socialista”.

Pola súa banda Nogueira sinalou que “xorde agora unha nova etapa de traballo na que foi fundamental o apoio que recibín de 144 sinaturas para conseguir que poidamos pór en común unhas ideas de renovación, integración e participación que se van a seguir no PSOE de Pontevedra”.

 



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en Galicia

Bernabé Tierno: "En España hai máis parvos que na maioría dos estados do mundo"

O mediático asesor psicolóxico arremete contra unha sociedade 'adormecida' na presentación do seu quincuaxésimo libro: 'Hai moitas cabezas que están só para separar as orellas'. O seu segredo da felicidade? 'Poñerllo fácil'

Homenaje a Castelao en el 125 aniversario de su nacimiento

El líder del BNG, Guillerme Vázquez, ha reivindicado la vigencia del pensamiento de Castelao y se ha mostrado convencido de que hoy estaría combatiendo el «pensionazo» y también lo que considera intento de privatizar las cajas.