COMO LLEGAR
A actual versión da Festa da Istoria é unha traslación no tempo da celebrada nesta vila, ata o século XIX, e que se encadraba nos festexos da Virxen do Portal, Patrona do Ribeiro. Dentro dos obxetivos básicos da Festa da istoria, sobresaen a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia da vila de Ribadavia e da súa bisbarra.
A istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa se esqueceron, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, cesteiros, e un longo etcétera.
A organización da Festa é responsabilidade dun amplo colectivo vecinal, que se renova cada ano, denominado Coordinadora da Festa da istoria.
Está composta por vecinos que, uns a título individual e outros coma representantes de diferentes organizacións culturais do municipio, queren contribuir, asumindo responsabilidades a desenrolar ás distintas actividades que se realizan o día da Festa. O criterio de traballo baséase sempre en manter o rigor histórico que debe ter cada actividade ou acontecemento que se represente.
Así téñense en conta as características e os nomes das edificacións e lugares onde se fai calquera actividade, para respetalas coma no medievo, non permitindo a circulación de productos non existentes naquela época, coma os envases de plástico,etc. Tamén dase unha especial importancia á vestimenta. A coordinadora da Festa , conta con tres almacéns propios onde se ubican as diferentes posesións das que dispón. Así o almacén de madeira contén todo o correspondente os postos de artesáns, torneo mediaval, vallas, etc. O de roupa, dispón de máis de mil traxes para aluguer e vestimenta de convidados e membros que participan no evento.
E o almacén de estandartes e barro posúe máis de cincocentos estandartes e pendóns que serven para engalanar as rúas, o castelo, e lugares onde se fan outras actividades coma a cea medival, a voda xudea, a música medieval, o teatro ...
Como chegar dende Ourense:
Máis información na web oficial da festa da istoria 2010
Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:
Escribe tu comentario
Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.