NORABOA A TODOS OS PARTICIPANTES
Rematou o I Cinestable o festival de curtametraxes Creative Commons de Ordes e os premiados foron:
Premio á mellor curtametraxe: Xogando con propiedade de AC Lucerna
Premio á mellor curtametraxe en galego: RC14 de Dolores Iglesias
Premio do público: Ordes, cidade de vacacións de Jesús Méndez
Noraboa a todos os participantes, tanto os que gañaron coma a todos os que participaron xa que houbo un gran nivel e as decisións foron moi difíciles.
Dende a organización queremos enviar un mensaxe de gratitude a tódolos que participastedes con este primeiro festival Cinestable, a todos os que colaboraron, a todos os que asistiron e en xeral a todo o que se interesou polo noso festival. Foron uns meses moi duros de organización e preparativos pero todo isto viuse pagado con creces ó ver á resposta dun público que encheu o auditorio da casa da cultura de Ordes, no que se deron cita algo máis de 110 persoas, e que non parou de aplaudir en ningún momento, o que nos fixo a todos os que formabamos parte da organización sentirnos orgullosos polo traballo realizado.
Non perdades a pista da nosa páxina xa que en breves enriquecerémola con material audiovisual do festival. Tanto curtametraxes como documentos gráficos do evento.
MIL GRAZAS e vémonos o ano que ven.
Fonte: cinestable
Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:
Escribe tu comentario
Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.