HAI ZONA DE ACAMPADA AMPLA CON ACCESO A DUCHAS E BAÑOS
Xa tan só queda un día para que dea comezo o Festival AntrosPinos 2010!!!
Esta fin de semana arranca o festival do Barbanza!! Dous días de festa, venres 30 e sábado 31 de xullo, en Taragoña (Rianxo).
Hai zona de acampada ampla con acceso a duchas e baños; comida e cea para o sábado: os e as festivaleiras poderán gozar de paella, churrasco, bocadillos variados, mexillóns...; e actividades diversas, entre as que se atopan xogos colectivos, un espectáculo de maxia e a FAPmatraquillada, que se trata dun percorrido en matraquillo polos principais locais da localidade acompañados de moita música (Gaiteir@s, pandeireteir@s...).
A entrada ao festival é de balde!
Os grupos deste Festival AntrosPinos 2010 son:
Alén do propio festival, ao longo do curso desenvolvemos actividades no concello de Rianxo, principalmente en Taragoña. Unha das tarefas que levamos a cabo e quizais coa que máis se nos identifica é a plantación de árbores autóctonas na zona habilitada para o festival, e é que o coidado do medio ambiente é un dos nosos principais obxectivos. Así, este ano no festival poderemos gozar dunha novidade: o FAPvaso, un vaso de plástico ríxido que por tan só 1€ acompañará ao seu propietario durante todo o festival, evitando crear lixo innecesario na contorna.
Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:
Escribe tu comentario
Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.