Bernabé Tierno: "En España hai máis parvos que na maioría dos estados do mundo"

"HAI MOITAS CABEZAS QUE ESTÁN SÓ PARA SEPARAR AS ORELLAS"

Marga Tojo - Santiago de Compostela - 29/06/2010 - 13:22 h.
Bernabé Tierno
Bernabé Tierno

"A felicidade é un vestido a medida que te fas ti". Bernabé Tierno fala como alguén que leva trinta anos "axudándolle á xente a tomar as rendas da súa sorte": moito e con serenidade. Receita claves de satisfacción vital ao alcance de todos os petos e asegura pasar "olimpicamente" dos envexosos e dos que lle queren facer dano. Nós por iso xa o envexamos.

Vostede é feliz?

Son moi feliz. Sabe por que? Porque non preciso máis que a vida cotiá para ser feliz, póñollo doado á felicidade. Os españois temos que aprender a vivir con menos, que non necesitemos abraiar o do lado con que temos o mellor coche.

Daquela, a crise faranos cambiar.

Eu creo que si. O proceso que levaba España era terríbel. Que un piso de noventa metros cadrados custase cen millóns era un disparate, isto tiña que rachar por algún lado. O mesmo acontece cos políticos, que teñen que ser máis responsábeis e actuar como se os cartos fosen realmente seus.

Xa ve que a clase política é a terceira preocupación dos cidadáns do Estado.

Iso é terríbel. Sería necesario que aos políticos, cando deixan os cargos, non lles quedase ningún salario derivado disto, que volvan ao seu traballo. Os políticos teñen que ser servidores, se non que non veñan.

Vostede dixo nuha ocasión que en España hai máis parvos por metro cadrado que na maioría dos estados do mundo. Segue a pensar o mesmo?

Si.

Por que?

Porque a pesar de que as cousas vaian mal, a xente continúa a ver programas de televisión estúpidos, segue allea a todo. Un país que segue a vida estúpida e necia de alguén que non fixo nada, e que relega a segundo plano a xente brillante, con salarios ínfimos e sen cabida en programas e nos espazos de debate, é un país fracasado. Aquí hai moitas cabezas que están só para separar as orellas. Por que cre que hai tanto fracaso escolar? O meu primeiro libro El fracaso escolar, presentoumo Tierno Galván e díxome: "Este é o mellor libro que vin sobre o tema". Por iso me doe tanto o que acontece e ver que estamos adormecidos. Os profesores cóntanme que os referentes dos seus alumnos son Belén Esteban e Kiko de Gran Hermano. Ser deuses por soltar catro berros.

Parécelle que a situación é reversíbel?

O primeiro que debería haber é políticos que teñan verdadeira preparación intelectual.

Iso é un non?

É un: Necesitamos un cambio urxente. E ese cambio moitas veces non chega porque a xente é moi covarde, viven nun estado de medo.

Fuente: galiciahoxe



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

1
Rectificado

Querida Marga, O artigo xa está rectificado e subido. Tes que perdoar, pero moitas veces as presas non son boas.

A Favor ( 1 ) En Contra ( 0 )
escrito por David hace 1 año
2
rectificación

Estimados colegas de Retrincostimes. Alégrome que puxerades esta entrevista na vosa web, pero vos pregaría que fose asinada co meu nome -Marga Tojo- e non como Axencias. Seguro que foi un despiste motivado polas présas, e non pasa nada, pero co mal remunerado que está este trabalho e a cantidade de horas que pasamos nel, dá rabia que polo menos as cousas que un fai non leven o nome. Moitas gracias e un saúdo, Marga

A Favor ( 1 ) En Contra ( 0 )
escrito por Marga hace 1 año

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en Galicia

Homenaje a Castelao en el 125 aniversario de su nacimiento

El líder del BNG, Guillerme Vázquez, ha reivindicado la vigencia del pensamiento de Castelao y se ha mostrado convencido de que hoy estaría combatiendo el «pensionazo» y también lo que considera intento de privatizar las cajas.

El primer club de fumadores de España

La rapidez en constituirse legalmente como el primer club de fumadores de España ha convertido a un local de la ciudad de Ourense en noticia en toda la Península. Su nombre, café bar Xesteira.