DOAZÓNS DE SANGUE
A campaña de doazón de sangue que desenvolve a Consellería de Sanidade por medio do Centro de Transfusión de Galicia (CTG) refórzase nas xornadas previas á ponte festiva das Letras Galegas en previsión dun incremento da demanda de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos. O obxectivo desta iniciativa do CTG pasa por acadar, entre o 10 de maio e o 18 de maio, un total de 2.500 doazóns de sangue que son as que precisarán os nosos centros sanitarios para poder desenvolver axeitadamente o seu labor asistencial.
Lamentablemente, as pontes festivas soen coincidir cun notable incremento da demanda de hemoderivados por parte dos centros sanitarios galegos xa que nestas datas increméntanse as urxencias derivadas dos accidentes de tráfico.
Desprazamentos
As dez unidades móbiles do CTG visitarán, ao longo da presente semana, preto de 50 concellos galegos para acadar a participación necesaria para garantir o desenvolvemento do labor asistencial dos centros sanitarios galegos que, cada día, precisan 500 doazóns de sangue.
O CTG agarda novamente contar coa participación dos cidadáns nesta campaña de doazón de sangue e, para iso, tenta ofrecer as máximas facilidades aos cidadáns, mediante o desprazamento de dez unidades móbiles cada día que efectuarán os seguintes desprazamentos:
|
DATA
|
CONCELLOS
|
|||
|
Luns 10 de Maio
|
BºCaranza (Ferrol), Bergondo e Guísamo, Cantón Pequeno (A Coruña,) Xanceda e Mesía, Negreira, Zona Herrería (Pontevedra), Rúa Príncipe (Vigo), Ponteareas, Cádavo, Castroverde, Coles e A Peroxa. |
|||
|
Martes 11 de Maio
|
Zona A Gándara (Narón), Campus Elviña (A Coruña), Praza Conchiñas (A Coruña), Zona San Francisco (Santiago), Zona Herrería (Pontevedra), Rúa Príncipe (Vigo), Ponteareas,Foz, Petín, Vilamartín de Valdeorras e Rubiá. |
|||
|
Mércores 12 de Maio
|
As Pontes, Campus A Zapateira (A Coruña), Zona Cuatro Caminos (A Coruña), Campus Sur (Santiago), Santa Comba,Caldas de Reis, CUVI (Vigo), Bueu,Vilalba e Rúa do Paseo (Ourense) |
|||
|
Xoves 13 de Maio
|
As Pontes, Sada, Perillo (Oleiros), Santa Comba, Cuntis, El Corte Ingles (Vigo), Bueu,Monterroso e Rúa do Paseo (Ourense) |
|||
|
Venres 14 de
Maio
|
Neda, Zona Riazor (A Coruña), Sta. Cristina (Oleiros), Noia, Vilagarcía,Porriño, A Guarda, Burela e Bº O Couto (Ourense) |
|||
|
Sábado 15 de Maio
|
Maniños e Perlio (Fene), Mera (Oleiros), Noia,Vilagarcía, A Guarda, Ferreira de Pantón e Sober. |
|||
Ademais, tamén existe a posibilidade de doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas.
|
LUGAR
|
HORARIO
|
|
CENTRO DE TRANSFUSIÓN DE GALICIA (Santiago)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL ABENTE Y LAGO (A Coruña)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL NOVOA SANTOS (Ferrol)
|
Luns e venres das 8.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 15.00 ás 22.00 horas |
|
HOSPITAL PROVINCIAL SAN JOSÉ (Lugo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas |
|
CENTRO DE SAÚDE NOVOA SANTOS (Ourense)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL PROVINCIAL (Pontevedra)
|
Luns a venres das 8.00 ás 15.00 horas |
|
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA (Vigo)
|
Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Para máis información, o Centro de Transfusión de Galicia dispón da páxina web: ctg.sergas.es e tamén é posible chamar ao teléfono gratuíto de información para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles: 900 100 828
Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:
Escribe tu comentario
Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.