En castellano no hay problema

PRESENTACION DE LIBRO

Agencias - Santiago de Compostela - 05/05/2010 - 12:55 h.

O vindeiro 8 de maio será presentado na Feira do Libro de Santiago "En castellano no hay problema", compilación de artigos de Carlos Callón, membro da Mesa Pola Normalización Lingüística, nos que fala dos feitos e da política lingüística que se aplicou en Galicia desde o ano 1997 até hoxe, e cos que o autor só pretende fomentar a reflexión sobre a necesidade obxectiva de impedir a desaparizón da lingua.

Segundo ten manifestado o autor do libro nun artigo que publicou Galicia Hoxe, ademáis de no seu blog, "neste libro recóllense diferentes textos sobre a situación lingüística de Galiza, nos cales se sinalan os problemas máis importantes para a recuperación e extensión social do idioma galego en diferentes ámbitos, mais tamén se propoñen alternativas, tanto a nivel institucional como individual".

Nos seus textos, Callón tenta transmitir "unha análise da situación lingüística do noso país lonxe dos narcóticos e prexuízos máis habituais. É unha radiografía descarnada, mais non catastrofista, xa que parte da convicción de que hai que coñecer a realidade para transformala".



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.



Destacadas en Galicia

Bernabé Tierno: "En España hai máis parvos que na maioría dos estados do mundo"

O mediático asesor psicolóxico arremete contra unha sociedade 'adormecida' na presentación do seu quincuaxésimo libro: 'Hai moitas cabezas que están só para separar as orellas'. O seu segredo da felicidade? 'Poñerllo fácil'

Homenaje a Castelao en el 125 aniversario de su nacimiento

El líder del BNG, Guillerme Vázquez, ha reivindicado la vigencia del pensamiento de Castelao y se ha mostrado convencido de que hoy estaría combatiendo el «pensionazo» y también lo que considera intento de privatizar las cajas.