GALICIA SUMA 64 MILLÓNS AOS 590 ADICIONAIS
“Los intereses de Galicia han sido la única hoja de ruta”. Deste xeito resume a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, a abstención pola que, finalmente, optou a delegación galega no Consello de Política Fiscal e Financeira (CPFF) que onte deu luz verde ao novo financiamento autonómico.
Despois de que o presidente do PP, Mariano Rajoy, instase ás comunidades populares a absterse na votación para evitar unha “foto de división” dos seus conselleiros, o Goberno galego “justifica” a súa decisión no “gesto positivo” do Goberno que, traducido en cifras, suporá 64 millóns máis dos, segundo Facenda, 590 millóns da “proposta inicial” da ministra Elena Salgado.
Así as cousas, o modelo que chegará ao Congreso dos Deputados avalado polas comunidades socialistas xunto con Cantabria, Canarias e Ceuta outorga a Galicia un montante de 654 millóns, dos que os últimos 64 corresponden ao “fondo de dispersión” poboacional.
Con todo, Fernández Currás asegurou onte en Madrid que a Xunta aposta por “seguir avanzando en las negociaciones” co Goberno central “en la comisión bilateral” xa que, subliña, “el nuevo modelo no recoge ni un solo euro en concepto de fondo de emigración”, tal e como solicitara a Xunta nas súas alegacións.
POLITICA
Segundo a explicación da conselleira, a postura galega responde tamén á premisa estipulada no acordo unánime do Parlamento de Galicia, isto é, o “mantenimiento de nuestra posición relativa” entre o conxunto das comunidades, cifrada polo Executivo autonómico no entorno do 7,1 por cento dos 11.000 millóns que o modelo distribuirá en 2012.
Se ben Currás agarda a “ver” ese resultado final nas “cifras definitivas” –onte non houbo magnitudes finais sobre a mesa– a titular de Facenda salienta que, en calquera caso, “el ministerio asegura que nos vamos a mantener”.
Neste escenario, a responsable das finanzas autonómicas conclúe que “la postura más coherente ante este gesto positivo” do Goberno central “era la de abstenernos”.
NÚÑEZ FEIJOO
A posición finalmente adoptada pola Xunta foi xa avanzada, ao longo da tarde polo xefe do Executivo, no marco dunha tertulia radiofónica da que forma parte dende onte.
Igual que Fernández Currás, Alberto Núñez Feijóo descarta a existencia de inxerencias da dirección estatal do PP xa que, se ben considera “razonable” que Rajoy prefira a abstención, “ningún presidente de un partido que respete la autonomía le puede decir a un presidente autonómico el sentido de su voto”.
Malia a todo, Feijóo mostrouse sensiblemente máis contundente que a propia conselleira, ao asegurar que Galicia “va a perder peso en la financiación” mentres que “una comunidad –en referencia a Cataluña– ha tenido el privilegio de decidir” e “después nos quedamos el resto de comunidades”.
Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:
Escribe tu comentario
Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.