A primeira aspirante a chofer de alto cargo, fóra “por ser muller”

DENUNCIA POR DISCRIMINACIÓN DE XÉNERO

Santiago Agra - Santiago de Compostela - 30/11/-0001 - 00:00 h.

Elena Noche presentouse a unha oposición para chofer de alto cargo da Xunta o pasado abril e, logo de suspender, denuncia que o seu exame “no tiene correcciones”. Optaba a unha vacante de chofer para discapacitados –ten unha minusvalía recoñecida do 36%– e só con aprobar o terceiro exercicio da oposición se convertería na primeira muller condutora de alto cargo.

Noche recorreu a decisión do tribunal e asegura que se lle fixo “caso omiso” e que lle deron a entender que “o tribunal es soberano” e non podía reclamar. O órgano encargado de corrixir a proba remitiulle unha copia do exame que “está tal y como lo entregué, sin correcciones de ningún tipo”. No recurso, a opositora pediu “una comparación con los exámenes aprobados de los homes” , que segundo ela tiveron “notas muy bajas”, pero denegáronlla.

Na súa denuncia, asegura que o tema “estaba suficientemente bien realizado como para superar a puntuación mínima” fixada en dez puntos. Ao tempo, esixe unha revisión do exame na súa presenza e con un representate legal que a axude.

O acordo adoptado polo tribunal afirma que a opositora “non acada o nivel mínimo esixido na proba” e que “a interesada non prantexa ningunha alegación substantiva en relación coa puntuación do exercicio”, polo que rexeitou o recurso.

Os membros do tribunal aseguran que “se garantiu durante todo o proceso de corrección o anonimato” e que se produciu “en distintas quendas sen coñecerse a identidade do autor” do exame.

A mesma resposta subliña a “unanimidade” que ampara a non aceptación da comparación de exames cos dos homes porque “xa se efectou a valoración técnica e porque hai outras vías de reclamacións”.

Para ela, o peor é que “no explican en que se basaron para puntuar”. Elena Noche sacou un 8’80 sobre vinte puntos, cando necesitaba un dez para acadar a praza. Agora presentará un recurso administrativo de alzada contra a decisión do tribunal e está apoiada polo sindicato CSI-F.

 

RETRASOS POR CAMBIOS NO TRIBUNAL

Os resultados do último exercicio tardaron en chegar, ao coincidir co cambio de Goberno e ser nomeado o presidente do tribunal, José Álvarez Robledo, director xeral de Produción Agropecuaria, polo que tivo que abrirse o proceso de substitución. Segundo a opositora, o primeiro presidente explicou que quería “dar las posibilidades oportunas” para cubrir as prazas e lle dixo que “si aprobaba con buena nota los dos primeros exámenes, con un mínimo en el tercero, ya estaba”.

Elena asegura que, antes de comezar o último exercicio, o presidente do tribunal dirixiuse aos opositores para dicirlle que “en tres horas se puede escribir mucho” pero que fosen “escuetos y específicos, y yo lo tomé al pie de la letra”.

“Me dijeron que si sacaba buenas notas en los dos primeros” e cun “mínimo en el tercero, la plaza sería mía. Pero no me ha servido para nada por ser mujer”. A denunciante di que na parte específica do exame para condutores “cayeron ocho o nueve temas de mecánica” e denuncia que “en el tribunal no había ningún técnico. La única persona que podía saber algo era otro chófer”.



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.


Destacadas en POLÍTICA

Máis BNG será un colectivo político sen abandonar o Bloque

INZAR, ESG, PNG e EN participarán no colectivo que elixe a súa xestora o vindeiro sábado

Lo último en POLÍTICA