Educación "está a cociñar" os datos da enquisa do galego, di o BNG

EDUCACIÓN

Santiago Agra - Santiago de Compostela - 30/11/-0001 - 00:00 h.

A voceira parlamentar de educación do Bloque Nacionalista Galego, Carme Adán, considera “totalmente inxustificábel” os atrasos da Consellaría de Educación dirixida por Jesús Vázquez en comunicar os resultados da enquisa do galego e teme que “a demora se deba a que a Consellaría está a cociñar os datos para que dean o resultados queren” do número de materia que se impartirán en galego e en castelán.

Adán afirma que a enquisa “non tiña ningún sentido dende o principio” e teme que “acabe seguindo o camiño do fraude” e non reflicta realmente a vontade dos pais con nenos escolarizados.

Neste sentido, a nacionalista considera “deplorábel” que “non haxa observadores externos no reconto” e lembrou que “non sabemos quen está facendo o reconto dos datos nin facendo a análise” do inquerito que se fixo no pasado mes de xuño.

Segundo as previsións de Jesús Vázquez, os resultados deberían terse coñecido o pasado 3 de xullo, polo que a deputada considera que “debería ter previsto os medios humanos e técnicos para facer o reconto” dos cuestionarios.

Na mesma liña, Carme Adán tamén cualifica de “inxustificábel” que non se dean “datos de participación por cada centro escolar”, xa que, segundo ela, “deberíase saber desde o principio” cando os directores dos centros tiveron que entregar persoalmente as enquisas a Consellaría de Educación .

 

COMPARECENCIA

Os nacionalistas pedirán a comparecencia de Jesús Vázquez no Parlamento para que explique “o xeito totalmente escurantista” e “sen garantías de reconto dos resultados” da enquisa que aseguran é “fraudulenta de principio fin”.



Si le interesó esta noticia, eche un vistazo a estas:

Sin Comentarios

Escribe tu comentario

Para dejar un comentario pulsa en Ver formulario. Si usas Facebook puedes identificarte con tu cuenta o también puedes publicar un comentario directamente.


o volver



Identificarse con Facebook

No está permitido verter comentarios contrarios a las leyes españolas o injuriantes.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.


Destacadas en POLÍTICA

Máis BNG será un colectivo político sen abandonar o Bloque

INZAR, ESG, PNG e EN participarán no colectivo que elixe a súa xestora o vindeiro sábado

Lo último en POLÍTICA